Presentación de Lola:

Chámome María Dolores Faya Puñal (Lola), e son oleira, non foi unha decisión sinxela nin compartida polo meu entorno, posto que nos meus tempos as mulleres só podían axudar ós seus homes no oficio. O único antecedente desta tradición milenaria era unha muller chamada Gorro de Billeiro que exercera o oficio, o curioso é que esta rotura coa tradición actual conectaba cunha moito máis acenstral, pois no neolítico a alfarería era traballo das mulleres.

Comecei tarde no oficio (ós 33 anos) e sen antecedentes familiares como din algún dos meus poemas:

"E non me ven de familia

nin empecei de rapaza

pero collino a peito

e hei de facer a fornada."

Os meus avós eran arrieiros, levando as pezas de barro por Galicia adiante recorrendo feiras e mercados:

"Meus avós arrieiros

Ata Bandeira ían andando

vendendo o barro, os pés

traían sangrando:

Buño oleiro,

sempre traballando."

As miñas obras sempre levan espirales, a conxunción do eterno retorno, motivo obsesivo e recurrente das culturas celtas e tamén representación do movemento de rotación do torno, das pezas sempre feitas a man no obradoiro construído na parte traseira da miña casa.